17 de decembro de 2015
Visita dos membros da Asociación Down Pontevedra Xuntos
Fai uns días Iria, Érika e Laura leron na clase un conto sobre un neno coa Síndrome de Down que nos emocionou moito. Decidimos logo, pedirlles aos membros da Asociación Dowun Pontevedra Xuntos que viñesen un día polo centro e nos falasen máis destes nenos e mozos. Eran moitas as cousas que querían saber, e foron moitas as experiencias que nos fixeron vivir para entender mellor ás persoas cunha discapacidade psíquica, ou como a eles lles gosta dicir, ás persoas diferentes.