Os últimos quince minutos dos martes acordamos reservalos para pasar un rato distendido presenciando as actuacións que os compañeiros nos teñen preparadas. Hoxe, máis de media clase representou unha pequena obriña de teatro composta por eles mesmos e que trataba dunha historia "de medo". Xa a prepararan para a festa do Samaín, pero non foi posible representala ata hoxe. Cabe dicir que o fixeron moi ben. Cumpliuse ben o obxectivo: disfrutar xuntos coas propias creacións artísticas.
Logo Pedro, Raúl e Kahia léronos unha hostoria que nos deixou moi impactados. Pedro, veuna un día en internet e reescribiuna para contarnola. Quedamos abraiados!