Hoxe démoslle un pequeniño repaso aos animais invertebrados, lemos uns poemas de Antonio García Teijeiro que falaban de bichos e, como non, cun día tan expléndido, baixamos á horta e observamos de primeira man algúns dos nosos pequenos veciños. Aínda hai algún que sigue dándonos un pouquiño de medo. Pero iremos aprendendo a coñecernos pouco a pouco e a respectarnos para mellorar tamén a convivencia.