3 de maio de 2018

Concerto Didáctico

Hoxe acudimos ao Auditorio Municipal de Cambados para presenciar a final do concurso "A Voz" entre dúas finalistas. A finalidade do concerto era presentarnos diversos instrumentos que, xunto coa banda de música, ían acompañar ás solistas. Pero as voces das intérpretas eran tan impresionantes que deixamos de prestarlle atención aos instrumentos para deixarnos envolver polo conxunto da música. A actuación foi realmente preciosa. Entre os clarinetistas estaba a nosa compañeira Mencía, que fixo unha actuación tamén maxistral. Noraboa.