5 de abril de 2018

Fluído magnético, densidade e flotabilidade ... Cantos experimentos!

O grupo Salmonetes sorprendeunos co experimento no que nos presentaron o fluído magnético. Tiveron que plantarlle lume a unha  madex de la de aceiro, raiala despos de queimada e aplicarlle un imán: sorprendente!






 Logo foio equipo dos Molóns o que nos presentou dous vasos con auga nos que puxeron cadanseu ovo. Pero nun dos vasos puxeron unha boa cantidade de sal. Esperabamos que o ovo flotase xa que a densidade da auga variara ao engadir o sal, pero non flotou, probablemento porque o sal non se deu disolto aínda. Vermos mañá como está!



Por último o equipo dos Suticatos preparou unha botella sensorial. Meteron nela auga e logo engadiron distintos materiais ara observal cales flotaban e cales non. Como era de esperar a area afundeu ao igua que as cunchas, sorprenderon as bliñas de cores flotando así como o pompón. O tapón de cortia flotou tamé e por suposto ao engadir o aceite este quedou por riba oero, curiosamente o tapón quedou enriba mesmo da capa de aceite. O plástico das boliñas estaba ente a auga e o aceite e a area coas cunchas seguiron no fondo. Tamén apreciamos burbullas e o cambio de cor da aula. Moito para aprender.