Hoxe, lendo o libro "Y si me defiendo" estivemos reflexionando sobre como se van deteriorando as historias e os relatos que escoitamos. Ás noticias ou ás mensaxes que recibimos oralmente imos cambiandolle, poñendolle ou quitandolle algún dato e ... o resultado é ben distinto do orixinal.
A mensaxe inicial de hoxe era a seguinte:
"En marzo imos ir a Vigo visitar unha exposición de Leonardo da Vinci. Máis tarde no colexio faremos un xogo xigante."
A mensaxe que lle chegou ao último rapaz da fila foi:
"Imos facer unha exposición".
Xa vedes!
Da moito para pensar.