17 de novembro de 2017

Estación metereolóxica

Hoxe os cursos de quinto estivemos no patio vendo a estación metereolóxica que temos perto do tellado do cole. Descubrimos cal era o anemómetro e o cataventos. O que a moitos lles parecía o pluviómetro viña sendo a caixiña de refuxio dos aparellos de maior sensibilidade: o termómetro e o barómetro así como o sensor de humidade. Logo subimos e puidemos ver nun pequeno monitor, moi semellante a unha tableta, como se recollían as medicións de temperatura interior do centro e temperatura exterior, da velocidade do vento (hoxe de 3,6 km/h) e da súa dirección (que pasou de NW a N enseguidiña), ou da presión atmosférica 1021 mb. Tamén vimos que no interior a humidade era do 78% e no exterior era nada máis que de 55%; tempo seco e con poucas nubes!!! Esperando estamos a que chova! Iso si, o que non temos é pluviómetro.