13 de novembro de 2017

Presidenta da cooperativa

Hoxe tiveron lugar as eleccións para presidente, tesoureiro e secretario. Foron varios os alumnos que se presentaron e defenderon a súa candidatura. Todos o fixeron moi ben. Finalmente Salomé foi a candidata elexida e a que nos representará a finais de mes en Pontevedra. Noraboa, Salomé e grazas a todos por participar.
Mañá saberemos quen vai responsabilizarse de levantar acta das reunións e quen se encargará de levar as contas.