28 de xaneiro de 2016

Canción de Entroido

Nós,os nenos de 5º , modificamos a canción de Samba Lelé para cantala no Entroido: 


Canta, canta, canta Lelé
Baila, baila, baila lalá
Canta, canta, canta, lelé
Imos bailar coas maracas.

Somos os nenos de quinto
ímosvos cantar contentos
que ben o imos pasar
vestidos de brasileiros.

Hoxe vimos ao colexio
para cantar e bailar
hoxe imos divertirnos
porque xa é Carnaval.

Temos fraccións a montóns
e queremos un respiro
queremos xogar a algo
pero é mellor un partido.


Nós somos ecoloxistas
todo o tempo reciclamos
por iso de aquí saímos
foi para limpar Cambados.

Pero tamén facemos
excursións educativas
como naqueles muiños
fixemos pan de fariña.

Nós tamén temos mascotas
temos  un pavillón chulo
temos clube da comedia
podemos xogar  ao fútbol.

Facemos experimentos.
Navegamos polo espazo.
Nós imos á biblioteca
temos uns bos afillados.

Con estes carnavaliños
calquera se nos namora
para poder celebralo

cantamosvos con euforia.

Redactores: Pedro e Sabela P