11 de febreiro de 2016

Clube de lectura

Hoxe, os participantes do Clube de lectura tiveron a súa primeira tertulia na Biblioteca coa profesora Paula durante o tempo de recreo. Tratábase de falar e poñer en común o que viviron e sentiron a través das páxinas do primeiro libro desta andaina: "Contos por Palabras", de Agustín Fernández Paz.
Dos contos escritos por Agustín, que sempre aparecen encabezados por un recorte do xornal, gustoulles moi especialmente o do Unicornio Azul, ou mellor dito o da Unicornio azul, pois era unha femia buscando parella! Pero tamén lles meteu moito medo o de Drácula e o do home lobo. A Iria o que máis lle gustou foi o das infinitas historias, un libro impresionante que vai cambiando a historia segundo os desexos do lector. Claro que este so pode introducir tres cambios ... Todo un mundo por descubrir.
Logo Paula xa lles presentou outros moitos libros moi interesantes... Que apetito lector!!!!