26 de setembro de 2017
50 Aniversario con Antonio Magariños
Hoxe estivo no centro D. Antonio Magariños, neto de D. Antonio Magariños Pastoriza. Estivo falándonos de como era a escola antes de que empezase a funcionar o colexio Antonio Magariños. Falounos da Escola do Convento e, por suposto, do seu pai. Unha das profesoras do colexio, foi alumna do centro cando se inaugurou este alá no ano 1967, a profesora Rosa Oubiña.
Foi todo un pracer escoitalo e aprender.
Moitas grazas, D. Antonio Magariños.
Hoxe tamén puidemos ver que xa colocaron o cartel conmemorativo que recolle os debuxos que fixeron os alumnos do centro para o evento e tamén unha caricatura de Antonio Magariños coa que nos agasallou Xandre Otero, fillo do noso querido pintor e mestre do centro Saúl Otero.
Grazas rapaces, grazas Xandre.
Dado que é importantísimo contar cun bo reportaxe gráfico, precisamos contar coa vosa colaboración para montar unha gran exposición de fotografía relacionadas co centro e coa escola dende a época da Escola do Convento: festas, saídas, excursións, festivais, xogos, libros, exposicións ...
Esperámolas con entusiasmo. Forman parte da historia; da nosa historia.