7 de outubro de 2015

Estudando as plantas

Bos días, hoxe  imosvos  falar sobre o que fixemos coas plantas.

Primeiro fomos ás casas abandonadas dos mestres a coller follas. Tamén estivemos mirando como distribuir a horta.

Despois, cando volvimos a clase, estivemos clasificando as follas e falando delas.

Ao día seguinte unha comisión de expertos formada por Dani, Sabela.S ,Aitana e Iria escribimos unha carta a alcadesa e outra ao director recollendo as ideas de todos os grupos. Fixémolo para pedirlle ao director permiso para facer a horta e á alcaldesa uns traballadores, un tractor e una billa de auga.

Despois saímos outra vez ás parcelas abandonadas para coller máis follas. Máis tarde pensamos que íamos clasificalas pero non, teríamos que disecalas!

Todos esperamos con ansía as respotas e a profe por sorpresa dixonos que chegara unha carta. A carta do director!!!!!!!Kathia, a delegada, leu a carta e dixo que aprobaba a idea.

Onte na clase de naturais a profe díxonos que tiñamos que facer un  experimento con....

          Seguiremos informando.

Autores: Dani e Román.