Hoxe contamos coa presenza no centro do Concellal de Educación, Víctor Caamaño, que veu acompañado do responsable de Obras, Justo. Estivemos con eles na parcela na que esperamos poñer en marcha unha horta escolar ecolóxica. Explicámoslles os motivos polos que solicitamos a colaboración do Concello. Valoraron moi positivamente a solicitude presentada e estudarán como axudarnos a levala adiante,polo que lles anticipamos o noso máis sincero agradecemento.