Empezamos a rolda de exposicións da viaxe por España.
Desta volta a exposición oral tiña que estar acompañada dunha presentación de diapositivas (power point ou Impress) sobre a provincia ou comunidade autónoma que cada alumno escollese.
Polo momento María falounos das Illas Canarias. Parecía unha verdadeira profesora. Aprendemos moito e dunha maneira máis divertida. As imaxes e os textos que escolleu para nós estaban moi ben preparados.
De seguida, Iria falounos de Galicia. Si, parecía que xa sabiamos moito da nosa comunidade, pero xusto escolleu detalles moi interesantes que nos sorprenderon, como o da relación das denominacións de orixe que temos no mundo dos viños galegos.
Seguiremos coas exposicións ao longo da semana. Seguro que nos sorprenden.