15 de marzo de 2016
Radio Patio
No día de hoxe, despois dunha semana de espera, retomamos as sesións do programa de radio para o tempo de recreo que foron preparando os grupos da aula. Empezou o grupo dos Superheroes que repetirán o programa dado que tiveron uns problemiñas de axuste nas intervencións. Seguiron cun expléndido programa do equipo dos "Inmortais" para rematar co programa preparado polo grupo "Cinco Noites". Pasámolo realmente ben escoitando a entrevista que lle fixeron á profe Mónica e a Brais. Pero tamén disfrutamos dos chistes, as adiviñas e como non, da música, que nos puxo a todos a bailar con moito ritmo. As noticias tiveron que sufrir algúns retoques porque estaban preparadas para a semana pasada e non se axustaban moito ao momento presente. Con todo cabe destacar que os radio-oíntes disfrutamos do programa e os locutores, de seguro, aprenderon a mellorar a súa vocalización e a manter o micro preto da boca cando falan!